Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Frades organiza uns obradoiros gratuitos de máscaras e maquillaxe para o luns de Entroido


O Concello de Frades organiza uns obradoiros de máscaras e maquillaxe para o luns de Entroido, 8 de febreiro, que terán lugar de 16:00 a 19:00 horas no edificio multiúsos. Unha actividade totalmente gratuíta que inclúe obradoiros, música e xogos dirixidos a nenos e nenas de ata 14 anos, se ben os menores de catro anos deberán estar acompañados por una adulto.

Todos os participantes recibirán unha merenda de entroido e, a maiores, todos os que veñan disfrazados levarán un agasallo. A participación é totalmente de balde, se ben é obrigatorio anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes das 14:00 horas de mañá venres 5 de febreiro, data na que tamén se pecharán as inscricións para o Concurso de Disfraces do domingo 7 de febreiro.